A Consellería de Cultura e Educación ofrece 'O médico á forza' de Valacar, grupo de teatro da ONCE, dentro da nova carteleira do Salón Teatro
[20/05/2013]
O Salón Teatro acolle este mércores 22, ás 20.30 h, a representación da versión do clásico de Molière O médico á forza a cargo de Valacar, grupo galego de teatro da ONCE. A actuación insírese na nova programación que o espazo compostelán desenvolve ata finais de xuño, dentro da que terán lugar outras 17 citas co teatro, a música e o audiovisual galegos  [+]
 Cultura e Educación impulsa a proxección exterior do audiovisual galego coa presenza de sete produtoras no Marché du Film de Cannes
[16/05/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a participación de sete produtoras galegas no Marché du Film de Cannes, o mercado cinematográfico máis importante do mundo, que se desenvolve desde onte e ata o vindeiro día 24 dentro da 66ª edición do prestixioso festival de cine da cidade francesa. [+]
A Consellería de Cultura e Educación programa no Salón Teatro tres funcións de
[15/05/2013]
O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle a presentación en Santiago de Ces’t la vie, debut da compañía Matrioshka, que acaban de crear as actrices Anabell Gago e Lorena Conde. Ambas interpretan este primeiro espectáculo xunto a Chelo do Rejo e con Marta Pazos na dirección e na dramaturxia. [+]
A Consellería de Cultura e Educación leva á Coruña no Día das Letras o espectáculo do CDG
[13/05/2013]
O Centro Dramático Galego representa este venres, Día das Letras Galegas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña a produción Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño, que regresa aos escenarios como proposta escénica central da programación coa que a Consellería de Cultura e Educación rende homenaxe ao autor ao que se lle dedica o 17 de maio. [+]
 O Salón Teatro de Santiago acolle mañá o concerto de presentación do novo disco do grupo de música tradicional Os Melidaos
[10/05/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve durante este mes no Salón Teatro unha variada carteleira de música, teatro e cinema de produción galega, no marco da que mañá sábado, ás 20.30 h, actuará o grupo de música tradicional Os Melidaos para presentar Axudádeme a cantar, o seu novo traballo discográfico.  [+]

   Olladas