Share
19/04/2024 - 19:30h | Casa da Cultura Pintor Lloréns | Sada

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena

  • Espectáculo de música a cargo de Pakolas

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
Rede galega de teatros e auditorios

Pakolas e Laura preséntanos o seu último librodisco, “Ramona Órbita, a dona do tempo”, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020). Neste novo traballo contaremos e cantaremos, e debuxaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento.Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. A través das cancións , a narración a as cores das ilustracións, imos saltando a diferentes épocas. Tamén se incluirán algún dos éxitos do discografía anterior de Pakolas, dos mais acalamados polo público