Share
28/04/2024 - 12:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

O corazón na boca

O corazón na boca

O Salón Teatro acolle 'O corazón na boca', o proxecto de teatro comunitario que o Centro Dramático Galego desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Teatro (Fegatea) e a compañía Nauta Teatro, no marco do proxecto europeo Phōnē. O espectáculo conta coa dramaturxia de Nauta e dirección de Rafael Rey e nel participan trece actores e actrices membros dos diferentes grupos de teatro amador asociados á Fegatea. Os aderezos e vestiario desta peza realizáronse no marco da colaboración cos diferentes ciclos formativos do IES A Pinguela de Monforte. As entradas son gratuítas e poderán retirarse na billeteira dende unha hora antes de cada función.