Share
27/04/2024 - 18:00h | Teatro da Beneficencia | Ortigueira

O xardín de Vila Gris

  • Espectáculo de teatro a cargo de Fulano, Mengano e Citano

O xardín de Vila Gris
Rede galega de teatros e auditorios

Martín vive nun dos últimos recunchos verdes da cidade, coñece apaixonantes historias da natureza, e quere preservar, para os seus e para os que veñan no futuro, o seu fermoso espazo cheo de vida. Pero non todo é tan sinxelo nin tan fácil: En Vilagris, unha cidade ateigada de edificios, onde a xente corre sen parar e sen pensar, unha seria ameaza voa sobre el: Don Nefasto Funesto, un ambicioso construtor de monstruosos edificios, quen adora o diñeiro máis que nada no mundo, pretende apropiarse dese lugar, arrincar todas as árbores, e construír nel unha torre de cemento tan alta que non deixe ver a luz do sol. Martín de ningunha maneira está disposto a perder o seu pequeno paraíso. E don Nefasto de ningunha maneira está disposto a perder todo ese diñeiro. Martín non cede pero don Nefasto tampouco. Con todo, mentres as historias discorren, o último lugar verde de Vilagris corre un grave perigo.