Share
02/05/2024 - 18:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Os actos e as profecías

  • Espectáculo teatral a cargo do Centro Dramático Galego

Os actos e as profecías

'Os actos e as profecías' é o espectáculo central da programación do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. A montaxe, xestada ao abeiro do proxecto europeo Phōnē, está dirixida por Tamara Canosa e conta cun elenco de 20 intérpretes. Nel invéntase todo un universo arredor dos 'talent shows' como espazo de xogo para lanzar ao aire cuestións como o lugar público na creación actual, a fama, a competitividade e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito. O proxecto europeo Phōnē está inserido no programa da UE Europa Creativa e baixo o lema Dándolles ás linguas minorizadas unha voz, participan nel de distintos departamentos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto con entidades escénicas doutros sete países: Alemaña, Francia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos e Romanía.

DRAMATURXIA: Xacio Baño e Tamara Canosa

DIRECCIÓN: Tamara Canosa

ELENCO: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro Cou, Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea García, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela, Antía Vidal.

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho de billetes no Salón Teatro: Dúas horas antes de cada función

- Venda anticipada en liña: Ataquilla.com

- Prezo das localidades: 10 euros

- Descontos:

40 % Persoas estudantes, xubiladas, maiores de 65 anos, usuarias do carné xove, desempregadas, familias numerosas, grupos a partir de 10 persoas, xornalistas, profesionais das artes escénicas e membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC).

40 % Día do Espectador (domingo): 6 euros.

*Funcións descontraídas

Todos os mércores ás 18.00 h. Unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruído e movemento no patio de butacas. Cun prezo especial de 6 euros. Destinada ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, así como ás que poidan sentirse máis cómodas nese contorno, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación.